Desidia. Acto primeiro.

Desidia. Escoito o mar.
As gaivotas voaron.

De ter sido gaivota tamén eu fuxiría.

O sol, cos seus raios mornos
atempérame a pel, e a gravedade
afúndeme nesta terra.

As gaivotas voan, mais non marchan,
a ningures.

Sulcar os ceos debe ser moi canso.

Ao lonxe vexo as Cíes.
As illas semellan un barco
a súa silueta é un navío que foxe.

O alto de Monteagudo pon proa
rumbo mar aberto.

Terra presa no Atlántico.

Tamén contemplo o Cabo do Home,
á desesperada, téndelle o seu longo
brazo de terra, que morre no mar.

Non fuxades, illas! Non fuxades.
Ficade á vista dos meus ollos.

Se as Cíes quixeran, tamén puideron ter marchado.
Aquela gaivota, que curiosa se achegou onda min,
tamén puido ter escapado. A gravidade, supuxen.

Fin do primeiro acto.






Comentarios

Entradas populares