Desidia. Acto final.

O mar océano reflexa
os derradeiros
raios solares do día.

Axiña a noite cubrirao todo
co seu manto estrelado
de novo.

Como sucedeu onte,
e antes de onte,
e como sucederá mañá
e tamén  despois de mañá.

A illa de Onza fica queda
na súa parcela de atlántico.

A illa de chocolate,
pensaba de cativo.
Unha onza, solitaria.

Case que a podo escoitar
ela fálame.

Non marcha, di que non,
que non quere fuxir.

Chama por min.
Humilde e solitaria Onza.
Brava e agreste.

Non tes piñeiros que
che fagan compaña.
Só mar e gaivotas, as
que de verdade saben
cara ónde voan.

As que saben fuxir
van a Onza.

Desidia. Sol morno e soidade.

Comentarios

Entradas populares