LOBO BRANCO QUE TREME


Chispas

corazón volvoreta

curtocircuito

e o lobo branco

ataca o meu peito


ou era un home branco

que treme

de parkinson…?


non podes fuxir

o lobo esta engaiolado

cómeme por dentro

cardio tolemia e…

o alento da morte

arrefríame o siso

e mais o espiñazo


é de balde que subas e baixes

detente, detente

respira, respira, e…

non podes fuxir

non podes fuxir


NON PODES FUXIR


o lobo, o lobo
o lobo branco

e un home con párkinson

unha nena, miroume

bata branca, como o lobo

fágome de conta, e…

surfeo nas ondas da vida, e…

enrédome nas redes da morte,

a dama

que viste de branco



viches? O lume…

lembras?

pecho os ollos

aguanta, aguanta esta tamén

resiste, resiste,

loita e batalla,


axota o lobo branco que treme

faime tremer...corazón volvoreta

xa viches? O lume que te ha de queimar…

que e de balde que subas e baixes



Lobo branco...


tremes?

non podes fuxir


non podo fuxir



NON PODO FUXIR

Comentarios

Entradas populares