Cor contritum, quasi cinis

UN.

A vida detense nun segundo
cando a morte chama a porta
do teu peito.

Aviso de dor punxente
e man no corazón
na túa mente.

Sensación familiar
medo visceral.
Será agora a miña hora?

Xa non son dono do meu...
Impulso eléctrico,
aceleración.

Isto acabouse?
Verei a luz ó final...
Hoxe tampouco será.

Bágoas. 

Tres, dous, un. 

Respira.

Almiña non voes do meu peito,
o meu corazón volvoreta
non pode fuxir.

Electricidade. 
Medo, memoria, lembranzas...

Morte. 

Odios, anos, vida, xente...

Eu. Outros.

Pasado. Futuro.

Nada ten xa sentido.
Sono inducido.

Agora o meu corpo fica seguro
nun lugar moi pertiño do ceu.

Dende alí rubir cara o azul
é moito mais sinxelo.

Durmo.

Pero os accesos a autopista
de San Pedro semellan
pechados para min.


Electricidade. Descargas. 

Abro os ollos

Sigo aquí.

Respiro fondo.

Un ar queimado.

Tres
Dous 
Un

Pum...
Pum...
Pum...
Pum...
Pum...
...

Comentarios

Entradas populares