Luceat eis.

Déixame durmir,
non me espertes
para que a noite me acubille
no seu colo silencioso e frío.

Déixame durmir,
para que o vento que zoa
entre os amiales
acoche no seu leito
ás raposas que ouvean
 nos vales.

Déixame soñar, que
namentras eu
me movo entre praias infindas
solpores de sangue e lume
e luscofuscos de muxicas.
Bendita noite, que non acaba.

Deixa, que a luz
nos sorprenda
coa súa alborada
e os paxaros piadores
entonen o seu trino
que anuncia a mensaxe
do novo día nacente

Cando esperte, todo será,
voltará a nacer de novo.
Mais, namentras eu durmo
na calada noite
no leito dos soños
o sono dos xustos.




Comentarios

Entradas populares