Dum spiro, spero

Unha mirada ó pasado
o camiño percorrido
dúbidas e medos
vencidos.

O traxecto continúa
cada ano unha fenda
cada golpe, unha afrenta.

Para o teu andar, compaña
amor na vida, sereo
o horizonte eterno, sempre
á vista do teu ollar.

Porque é a vida un camiño
que se anda de a poucos
que se bebe a groliños.

O futuro, unha conquista.
Mais lembra unha cousa,
somos presente.

Porque cada que acontece,
sexa azar, ou ben o sino
vai marcando ser e sentimento.





Comentarios

Entradas populares