Locus Amoenus
E eu fico preso,
nunha gaiola de catro paredes,
porta ó levante e xanelas
que van orientadas norte-sur
sinto a humidade invernal
do musgo que recobre as paredes
e penetra nos meus ósos
coma agullas de xeo
o tempo transcorre veloz
e dura unha eternidade, cando
un comeza a comprender
a teoría da relatividade
un ritmo fluído que escorrega polas mans
coa viscosidade do xel hidroalcohólico
vestido de presente embelesa e narcotiza
Porén, no xardín intúese o inverno
aínda que as roseiras se empeñen
en seguir adornando primaveras finxidas
Mais os folgos dun novo tempo alborexan
Pois todo ha de vir, todo ha de pasar,
cando menos un cavila.
E máis, despois.
E despois?
NADA
Comentarios
Publicar un comentario