Malamar (I)
Adeus, non te podo reter,
tes que voar libre
abre as túas ás e vaite.
A vida da bolboreta
que se pousa lixeira
consciente do efémero
do tempo e das estacions.
Foi fermoso o que sentimos,
fantasía dun delirio de amor.
Pecamos no noso Edén,
que pouco a pouco
creamos no noso bosque.
O sabor doce da luxuria
envelenada polos demos
que xa tiveran marcado
o noso fatal destino.
A historia estaba escrita
dende o comezo.
Foi maxia, foi meigallo
foi un encontro maldito.
Construímos a casa
polo tellado.
E o azoute da verdade
arrasou cos alicerces...
asentados nunha
relación carnal
ávida de suor e seme.
Amamos o noso pecado,
o noso segredo...
amámonos como puidemos.
Malamamonos...
e agora chórote
pero só por esta noite,
porque sei...que
fuches ti quen dixo basta,
porque os dous tentamos ver
na claridade do lume de
San Xoán
que co feitizo morre o pecado
e o amor brilla puro.
Mais a luz da pureza,
en troques de cegarnos
alumeou a verdade,
e por derradeira vez devorámonos
coa verdade nos ollos,
coa certeza de que hai amores
que...
irremediablemente
acaban matando;
e nós tivemos un aborto
provocado, pola pílula do medo,
da incerteza e da cobardía,
das ansias novas da liberdade,
detida.
EPILOGO
Día D. Xa non me saen as bagoas.
Consólome cos versos que me deixaches,
que por ser, son de outro.
Anotei a lapis no meu corazón o teu nome,
ao carón do lobo que treme.
a mina firéume, mais é soportable.
O grafito non magoa eterno...
Decidiches sulcar os ceos da túa mocidade.
Coma o voo de Ícaro, en ceo aberto camiño do sol.
Eu fico na terra, esquecendo as túas caricias.
A túa voz, o teu rostro, aquel sorriso...
o cheiro do teu cabelo húmido.
Xogamos ao sí e ao non...
De agora en diante digo NON
Eu, que mantiven a esperanza do SÍ,
e agora DÍ...
Eu sen tí serei feliz.
Non aprendín a porlle fin...
non souben ver que non eras para mín.
E agora non podo imaxinar non terte.
Des- querer -te pode chegar a ser doado.
Non podo imaxinar non facelo.
Todo chegará no seu momento. Voa ceibe, bolboreta, en troques eu...
ESCOLLO o verbo AMAR
Non quero, non podo evitalo...
EVITAR
AMAR
[EVITAR]
[AMAR]
tes que voar libre
abre as túas ás e vaite.
A vida da bolboreta
que se pousa lixeira
consciente do efémero
do tempo e das estacions.
Foi fermoso o que sentimos,
fantasía dun delirio de amor.
Pecamos no noso Edén,
que pouco a pouco
creamos no noso bosque.
O sabor doce da luxuria
envelenada polos demos
que xa tiveran marcado
o noso fatal destino.
A historia estaba escrita
dende o comezo.
Foi maxia, foi meigallo
foi un encontro maldito.
Construímos a casa
polo tellado.
E o azoute da verdade
arrasou cos alicerces...
asentados nunha
relación carnal
ávida de suor e seme.
Amamos o noso pecado,
o noso segredo...
amámonos como puidemos.
Malamamonos...
e agora chórote
pero só por esta noite,
porque sei...que
fuches ti quen dixo basta,
porque os dous tentamos ver
na claridade do lume de
San Xoán
que co feitizo morre o pecado
e o amor brilla puro.
Mais a luz da pureza,
en troques de cegarnos
alumeou a verdade,
e por derradeira vez devorámonos
coa verdade nos ollos,
coa certeza de que hai amores
que...
irremediablemente
acaban matando;
e nós tivemos un aborto
provocado, pola pílula do medo,
da incerteza e da cobardía,
das ansias novas da liberdade,
detida.
EPILOGO
Día D. Xa non me saen as bagoas.
Consólome cos versos que me deixaches,
que por ser, son de outro.
Anotei a lapis no meu corazón o teu nome,
ao carón do lobo que treme.
a mina firéume, mais é soportable.
O grafito non magoa eterno...
Decidiches sulcar os ceos da túa mocidade.
Coma o voo de Ícaro, en ceo aberto camiño do sol.
Eu fico na terra, esquecendo as túas caricias.
A túa voz, o teu rostro, aquel sorriso...
o cheiro do teu cabelo húmido.
Xogamos ao sí e ao non...
De agora en diante digo NON
Eu, que mantiven a esperanza do SÍ,
e agora DÍ...
Eu sen tí serei feliz.
Non aprendín a porlle fin...
non souben ver que non eras para mín.
E agora non podo imaxinar non terte.
Des- querer -te pode chegar a ser doado.
Non podo imaxinar non facelo.
Todo chegará no seu momento. Voa ceibe, bolboreta, en troques eu...
ESCOLLO o verbo AMAR
Non quero, non podo evitalo...
EVITAR
AMAR
[EVITAR]
[AMAR]
Comentarios
Publicar un comentario