Libertas

Se  poidese voltar ás illas
o  vento empurraríame
cara ó mar

Cos brazos abertos
como dúas velas,
as dunha dorna.

Alí unha vez fun libre.

Nos segredos que gardan
as rochas.

No eco das furnas
de mar salgado.

Quedo, estático e inmóvil.
Ollando cara elas.

Ando polas veredas
de toxos e fentos.

Agosto reseco, de
sendas polvorentas.

Na fin do mundo,
a maxestuosidade océana.

Aire de trebóns
que anuncia a morte
do verán cansado.

Non podo voar.

Fico só, na intimidade
ollo cara Ons.

Namentras

Galicia déitase no mar.

------------------------------

Escoita o imperceptible,
entre o barullo,
entre todo o que é ruído
entre o mundano
nos recodos da nosa
existencia está o silencio.

Atópao.

Nel a sabedoría.

Nosce te ipsum.

Comentarios

Entradas populares