Triste soneto de madrugada


Polos edificios de Compostela
do mes de abril esvaran as pingas
primavera ausente que a cara regas
torrentes de auga pola meixela.

Un soneto triste de madrugada
coa túa métrica a morriña crebas
non cabe tanta pena nestas liñas
pinto versos con bágoas de almofada.

Cando torna a mesma dor ó meu peito
que anda canda min, sempre de noite
volvo a tela compañeira de leito.

Fuxe xa do meu corpo, negra  morte,
non quero ser refén cando me deito
non serás a dona da miña sorte.










Comentarios

Entradas populares