versos prosificados



un mesmo, no espello
a individualidade do individuo


soedade escollida

escapatoria

coma nunha partida de xadrez
penso no seguinte movemento
cavilo

coma no navegador gps
recalculando ruta

recalculando...

autoestrada sen peaxes

buscando atallos

--------------------------

a almofada xa non me fala
paso as noites discutindo con aquela
mancha de humidade, sempiterna,
que se fai cada vez maior
alimentada polas bágoas
que arrogante, rexeita
a miña compañeira de cabezal

madrugadas de mofo, de mofa
de insomnio

de palabras desordenadas no meu caderno de bitácora
o libro das lamentacións

no caixón da mesiña un caderno sen usar
"axiña comezará o libro do éxodo"

"non ten arranxo, non hai volta atrás"
foron as verbas da almofada
as derradeiras

----------------------------------------------------------------------

unha conversa pendente
pensamentos indixestos


cómo falar sen ferir?

non sei outra forma

ordenar pensamentos, e,
atopar o momento

algo que perder?

algo que gañar

e fun ficando só
porque voltei a ser só

antes eramos nós

pero eramos dous sós

sós xuntos na súa soedá

almas eternamente paralelas

o mal menor

agora un mar maior
que se pica co vento da néboa

rematouse o xogo
agora camiño só
xa non comparto a soedade

que che vaia ben
ama e comparte

máis dura será a caída
eu poida que non a vexa
ou que mire para o outro lado
para a mancha de humidade

------------------------------------------

a almofada voltou falar
bótate en falta

fíxena calar, afogueina
"non te quero escoitar"
"ela xa non fala co seu coxín,
nin sequera fai poesía, nin fala de tí"

"noteite raro", dixo.
Cando non fun raro?

non é culpa miña
non levo ben os cambios

"a lei de causa e efecto"
pensei

iso é,  xa o teño!
o meu discurso

ela non o entende
é a miña lei vital
xa a aprendín
encariñeime con aquela
pedra
lémbrome ben

estou listo, adiante

no fondo non son un cadelo verde

causa
e
efecto

















é doado de entender



Comentarios

Entradas populares