Fortuna


Un impulso de vida.
Nacemos en coiros,
sen nada chegamos ó mundo.

A vida agasállanos vida,
 alimentámonos de soños.

O paso efémero da existencia, 
a nosa marca, 
o amor queda.
A lembranza. Sempre.

Somos o sino que se escribe
en letras de ouro.
Os nosos pasos, contados.
Unha crónica.

O azar, xoga coa nosa existencia.
Inmolámonos, volvemos a nacer cada día,
caémonos, volvémonos a erguer.

A vida abrirase paso entre as sombras.
A esperanza morta será vida.


Ama, sempre ama. 
Ama e fai o que queiras.
Neste mundo o noso conto
é una fábula. O mundo xira.

Somos azar. Somos fortuna.

Comentarios

Entradas populares