in altum corda
e chegaches ti, e os montes bicaron o mar
e as ondas romperon contra os cumios
das máis altas cordilleiras
viñeches a levantar a esperanza durmida
día a día, hora a hora
cando quería deixarme queimar vivo
os versos das máis fermosas poesías
dos autores xamáis contados
das rimas máis ocultas do mundo
tremeron tremeron tremeron
e brandendose neste frío mes de san xoan
intentaron saírse do suco que os contén
as métricas máis exactas esvararon
e o leito de bágoas que as sostiña
secou ó estío que da o teu ollar
o corazón do peito de pedra muda
desfollase o sentimento esquecido e o delirio transfórmase
en euforia desmedida, en locuras irracionais
e chegaches tí, e eu medoso e incerto pídolle ás forzas máis poderosas do universo
que non marches, que quedes
que os dous sexamos un
ata que as nosas cinzas, comestas polo tempo
voen cara á eternidade

Comentarios
Publicar un comentario