relembro

aló na tardiña baixa
na primavera florida
han de volver os amores
daquelas horas perdidas
de cando quería rimare
tentar facer poesía

con estes versos tan vanos
a vanidade escondida
preso por sete cadeas
a cada cal máis fendida
fago estas rimas tan cursis
como a rapaza cosía
un retal xa remendado
e da súas penas doía

non quería dicir nada
pero todo o dicía
"de segundas intenciones
te está llena la vida,
que si en correcto castrapo
te voy contando la mía"

a ferida mal curada
dunha saeta afundida
"golpe certeiro na ialma"
o que no outro poñia 
rimas a rimas versando
o que falar non quería
foron quedando no olvido
foron pechando a ferida

e que co paso dos anos
cando co devir da vida
busques aló no máis fondo
o que para tí sería
ter que borrar a memoria
d'algo que dano facía
seguir cuspindo estes versos
e que ó final non os viras


Comentarios

Entradas populares