Corredor de fondo.
Preparados,
Listos,
XA
Unha carreira que non remata
un sentimento que non te mata
e a cadea máis forte é a que ata.
Fraquean as forzas e os naipes caen sen control.
Osíxeno non chega ó maxín e xira a testa maxistral.
Barullo de golpes no peito e afogo visceral.
Colapso curtocircuíto e fallo de motor.
Caída libre en voo de Ícaro. Euforia desmedida.
Embriaguez cósmica e sufocos de acaloramento etílico.
Nubes de interrogantes ameazando chover.
A chave do tesouro está agochada.
E sereo esquívanse as respostas.
Retorcendo palabras baleiras de contido. Verbas de edredón.
Comentarios
Publicar un comentario