Canto da marcha. (Música: Himno do Antergo Reino de Galicia)


CANTO DA MARCHA DE GALICIA

Terra nai poderei algún día eu voltar?
terra nai deixarás os teus fillos regresar?
Terra nai volver vela terra ,o meu lar?

Como hei de olvidar, ese bon ollar, ese cheiro a mar !
O miúdo orballar, terra do meu pai sitio do meu querer.
Pobo loitador tivo que emigrar, á forza marchar
e con forza demostrar que sabe gañar o seu pan co suor.

Terra nai, levarei no meu bico un cantar.
Terra nai, muiñeiras,cantigas e alalás.
Terra nai coa fouce e a oliva libertar.

Non han de pasar sen eu ver chegar a corda afrouxar.
Os tempos han de voltar, e rexurdirá a irmandade outra vez.
Temos que mirar para o amencer, novo dia virá
nesta terra de bondá o xugo caerá Galicia somos nos.

Terra nai poderei algún día eu voltar?
Terra nai, non morrer no desterro en soedá.
Terra nai, e poder os teus acios vendimar.
Terra nai e querer o teu millo esfollar.
Terra nai volverei vela terra, o meu fogar?

Has de renacer, da nada medrar e todos parar
este mal que te goberna, vergoña da xente que menosprezou.
Entre nós irmáns a facer país a matria chamou.
Inda que haxa que loitar con armas labregas e sacho e leghón.

A lousa cairá e espertará co seu xordo son,
os que nadiña esperan e ós que pensaban que non hai solución.
Sangue brotará, da ferida que provoca o canón
da arma máis poderosa, e forte berrar GALICIA SOMOS NÓS.

Comentarios

Entradas populares