Februo



Vaite febreiro cos teus vinteoito,

non sei se me duras ben pouco ou,

se pola contra se me fai longo


Axiña chegará o teu irmán marzo

e as tebras cubrirán a escuridade

chegarán cun fío de luz a me dar azos


En abril escribirei aqueles versos

que xamáis serán lidos por ninguén

ficarán entre os meus beizos, presos


E o maio virá de flores cuberto

xermolado de ledicia e gramínea

mais outra volta ha de dar o meu peito


Non debo chorar cando o outono chega

non podo soñar campos floridos en inverno,

non quero morrer cando chegue a primavera


Verei cómo as ameixeiras inchan o seu froito

cheirarei na relva tallada a verde clorofila,

co sol do mes oito madurará nas uvas seu mosto.


No equinocio dos arcanxos, as ás despregarei

sacudirei as cinzas dos últimos solpores ardentes

e cantareille á lúa o paso das estacións e á súa lei.


Vaite, iracundo febreiro cos teus vinteoito!

nin medio poema me deixas enxoito.

Se tiveras máis catro, levabas

 a pluma, a musa e mailo manto.













 

Comentarios

Entradas populares