Reboot


Madrugada amarga na que souben
o que ninguén quere que lle conten

As sabas empapáronse de fel
e o alento eran bágoas

Grito de rabia contido
no sixilo dunha casa que dorme

As paredes non poden con tanta dor
e podo sentir cómo se me cae o teito
Memento homo quia cinis es

Cómo explicar con palabras o que o meu corpo berra?

Só é unha ferida máis nun corazón magoado
que morre por deixar de bater

É un amor chorado en pareados
e versos soltos de rabia

Porque non cabe máis saída que a parella
nas madrugadas solitarias

Por qué sinto esta sensación tan estrana e profunda?

É carne, osos, vísceras e sangue o que forma o meu corpo?

E por qué xa non as sinto como antes?

Prometinme a min mesmo non volver a caír no pecado
pero fun enganado polos meus sentidos.

Fun enganado por aquel polo que me enganaron os sentidos
e os fíos cos que se atan os sentimentos comezaron a afloxar


Despois chegou o valeiro, a nada.

Negra escuridade.

E soñei que morría.

Desenganeime.

Reboot

Comentarios

Entradas populares